Wednesday 08 de May de 2024

A Concellaría de Cultura pon a disposición dos cambreses unha nave para realizar as carrozas de Entroido


Pode ampliarse a información e solicitarse o seu uso nas oficinas de Cultura (río Barcés, num.8) e no número de teléfono 981 613 193

A Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade de Cambre pon a disposición de todas as carrozas do concello que así o desexen unha nave no polígono de Graduíl para que poidan realizar as carrozas para participar no Entroido Pequeno de Cambre 2017.

Para iso deberán solicitalo nas oficinas de Cultura, situadas na rúa Río Barcés número 8 (A Barcala), onde deberán cubrir un impreso de solicitude que se pode descargar da páxina web do Concello, www.cambre.org, e que estarán nos rexistros municipais.

Con isto, a Concellaría de Cultura pretende favorecer a participación de todas as comparsas e cidadáns que, por diferentes motivos non poderían realizar as carrozas.

Pódese consultar máis información nas propias oficinas ou no teléfono 981 613 193.